Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
“O DEZ” – En galego: Revista de futbol moi interesante

Dez 1Presentamos unha revista de futbol totalmente en galego. A súa publicación é semestral

N° 1 • inverno 2015-2016 • 5€

Asubío inicial

“Comezamos esta andaina con moita ilusión, mais sabendo que o panorama editorial non é especialmente favorable para este tipo de publicacións.


Procuramos un espazo entre esa xente que se gaba da excelencia galega cando existe un bo motivo para facelo. non gustamos do chauvinismo, e prestaremos a máxima atención a esas figuras da nosa térra que están a efectuar un traballo sobranceiro no eido futbolístico, mais tamén achegaremos unha visión sobre temas doutros lugares que nos parezan de interese.
Tampouco imos esquecer unir este deporte con diversos aspectos culturáis que adoitan reivindicar o máis positivo deste xogo, afastándose da pura e dura comercialización.
Neste primeiro número realizamos unha reivindicación do mellor futbolista, sen discusión, que tivo Galicia na súa historia e o seu historial referenda rotundamente esa afirmación. Que Luís Suárez non teña o recoñecemento que se merece resulta significativo e fala dun pobo ao que lle custa afondar na súa memoria histórica, un apartado importante que esta revista non pensa descoidar. Temos o único Balón de Ouro que existe a nivel estatal e nunca fomos quen de darlle o valor que merecía. Non hai ningún futbolista galego que se poida arrepoñer aos excelentes logros do coruñés, quen debería ser un auténtico orgullo para os galegos.
Nas súas costas levaba o número dez, o dos xenios. Esa camisola representa a esencia do mellor deste deporte, posto que foi vestida por algún dos homes con maior talento da historia.
A mítica con este número principiou no Mundial de Suecia 1958. Os dirixentes brasileiros enviaron a relación dos seus xogadores, pero esqueceron pór os números á lista enviada e un mandatario, na sede da FIFA, decidió desígnalos ao chou. por puro azar, e así foi como a Pelé lle tocou a camisola do dez. A partir dese momento. O DEZ é a cifra do que chega ao celme.
Con el acadamos a máxima nota cando imos a un exame e en cada novo número desta publicación pretendemos achegarnos o máximo posible, sabendo que se pode quedar lonxe dese desexo, a ese DEZ perfecto.”

Neste número tes os seguintes artigos:

DEZ ARTIGOS2Director Óscar Losada
Subdirector Carlos Castro
Deseño Lucía Rolle
Colaboradores Pedro Pablo Alonso – Xaime Arias – Walter Artola – Monica Ferreirós – Víctor López – Xabier Maceiras – Xesús M. Mosquera – Carlos Alberto Sánchez – LuísTímiraos
Editado por Producións peludas
Dep. Legal C-2428-2015

Contacto: revistaodez@yahoo.es (gastos de envío gratuitos)

Deixamos aquí o artigo sobre Luís Suárez  en PDF (O DEZ) ou se o prefires en imaxes

PAX ARTIGO
6-15 O verdadeiro Luís Suárez
16-19  Ascensión e caída de FreddyAdu
20-23 Yago Iglesias, un “ilegal” en Arabia Saudita
24-28 Evasión ou vitoria
30-34 Un fíllo de Galicia no maracanazo
35-36 lago Falque
38-41 Un dez inesquecible
42-43 0 primeiro porleiro que fixo un gol
44-47 Luís Milla
48-50 Zulema, paso á fronte
52-53  0 futfem galego aumenta á cotización
54-55 0 gol máis mediático
57 0 Nobel futbolista
58 Un cómic na camisola
59 A entrada das xogadoras no mundo dos videoxogos
60-61 Simpsonizados
 62-65 Os Beatles e o futbolfútbol
66-67 A prohibición
68-71 Cun toque de rock
72 Sean Connery puido xogar no Manchester United
73 Libro: Albores del futbol vigués
74 A camisola que non se intercambiou



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.