Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Martín Castro gaña un premio de música de vento en Tailandia

O  ex-alumno deste centro e colaborador do ENDL, Martín Castro Tubío, acaba de gañar o primeiro premio do ConcMartín Castrourso Internacional de Sinfonía de Vento de Tailandia xunto a outros tres novos cos que forma o cuarteto de saxo Psaiko Quartet. O premio ten unha dotación económica equivalente a case tres mil euros. Parabéns!!

Martín estudou no conservatorio ribeirense mentres estaba no instituto, tamén foi alumno da aula Galega de Saxofón antes de ir continuar os seus estudos en Mallorca.

  Dita formación intégrana tamén Juan Alonso Moreda ( exalumno da aula Galega de Saxofón, que ten a súa sede no conservatorio de Ribeira), natural de Valladares; o valenciano Borja Beneyto e o arxentino Franco Sánchez. Os catro estudan actualmente no Conservatorio Superior das illas Baleares. Martín Castro ten 20 anos e desde hai tres anos reside en Palma de Mallorca, onde compaxina os seus estudos de interpretación coa súa actividade como profesor (dá clases particulares de saxofón e Linguaxe Musical, tanto para iniciados como dun nivel máis avanzado) e, por suposto, como concertista.

Lembramos a súa etapa no grupo Biribirloke

martín 3martín 2

biribirlocke

Video 1: Transparencias sobre unha cantiga popular

Video 2: Premios Honorificos David Russell




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.