Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Club de debate en Rianxo

Foto-familia-RianxoO Club de Debate é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade
organizado polos Servizos de Normalización Lingüística de once concellos nesta edición de 2018: Ames, Carballo, Dodro, Ferrol, Narón, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, coa colaboración dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino secundario. A súa finalidade é contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal, promovendo a reflexión e o intercambio de opinións.

O pasado sábado 7 de abril, o Auditorio de Rianxo acolleu a semifinal de zona do Club de
Debate 2018, na que conseguiron o primeiro e segundo premios, respectivamente: o CPI
Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, e o IES Luís Seoane de Pontevedra.

Nesta eliminatoria participaron 8 equipos, que debateron durante todo o día o tema
proposto previamente: “A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos
machistas”, para o que tiveron que presentar argumentos a favor e en contra en dúas
quendas de debate, cuxos emparellamentos se determinaron por sorteo.
Os equipos participantes nesta fase local foron: dous do IES Sánchez Cantón e un do IES
Luís Seoane, ambos de Pontevedra; dous do colexio San Narciso de Marín; un do CPI
Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e dous do IES Félix Muriel de Rianxo.
A xornada comezou ás 9.15 horas, coa entrega de acreditacións e coa presentación e
benvida da concelleira de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, Raquel García
Abuín, e rematou ás 19.30 horas coa entrega de premios.

Cada equipo estaba formado por alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, cun
mínimo de catro membros e un máximo de dez, que non teñan feitos os 18 anos no
momento da inscrición, e por unha persoa preparadora.
O xurado que cualificou os debates desta fase local estivo integrado por Mercedes Torres
Hermida, profesora de cursos CELGA; Luís Pérez Barral, filólogo e membro da Mesa pola
Normalización lingüística; Marta Gómez Regenjo, xornalista;  Luís Gómez Aldegunde, profesor de secundaria do CPI Os Dices de Rois (e antigo preparador de equipos). Actuou como presidenta Socorro García Conde, técnica de Normalización Lingüística do concello de Santiago.
Os dous equipos gañadores da fase local en Rianxo participarán na fase final que se celebrará o 5 de maio en Ferrol, baixo o tema: “As TIC favorecen o uso do galego”. Canda eles participarán tamén 4 equipos máis, os gañadores das outras fases locais, celebradas en Ames e Teo.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.