Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Aida Saco, finalista do V Premio Martin Codax da música

Un toAida Saco 1tal de 54 finalistas optan a os V Premios Martín Códax, entre eles, no apartado de música clásica e contemporánea, está Aida Saco, ex-alumna do noso IES e colaboradora do ENDL.

Para o premio presenta dúas pezas: “A illa” e “Atmosfera”

A continuación podedes ler como ela presenta o seu proxecto artístico. Moita sorte, Aida!“Metamorfoses é o meu primeiro proxecto artístico. Un proxecto que busca recrear a través da música, a imaxe e a poesía unha viaxe existencial e máxica de 12 meses polos espazos, a natureza e o tempo, pero tamén polas vivencias e as emocións que achei percorrendo o caminho dos 17 aos 18 anos.

A partir dos seis anos iniciei o meu achegamento aos estudos musicais de solfexo e piano no Liceo Marítimo Rianxeiro e realicei posteriormente os estudos de Grao Profesional de Piano co mestre Martín Millán. Teño asistido a workshops, masterclass e cursos con destacados teclistas e pianistas do panorama musical, entre eles, Víctor Prieto, Abe Rábade, Ana Mafalda Castro, Maurizio Moretti e Josep Mª Colom. Na actualidade recibo clases do mestre Alexander Gold.

De xeito paralelo aos estudos de interpretación de piano clásico, realizo composicións musicais para piano. Metamorfoses é un proxecto poético musical e como tal ten aberto diálogo directo coa obra literaria de poetas como Xosé Iglesias, Sonia Andrade, Pedro Casteleiro, François Davo, María José Fernández, Alfredo Ferreiro, Antom Laia, Tati Mancebo, Teresa Ramiro, Luís Mazás, Ramiro Torres e Paco Souto.”

A partir de um silêncio
mais velho que a atmosfera
convoco as aves dos teus dedos,
os músculos
da tua voz,

para que venham todas redemoinhar
por sobre o coração
-essa praia que espera a tua luz a tua lua nova-
pátria verdadeira que acompanha nas viagens.

Por sobre a tua voz eu deixo meu silêncio
por sobre a boca
do piano eu abandono
este trovão.

Trovão e silêncio. Pedro Casteleiro




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.