Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Coñecemos a AMBAR no IES

A ​asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional​ é unha Entidade de ámbito
comarcal, Sen Ánimo de Lucro e declarada de Utilidade Pública. AMBAR conta cun grupo
social de máis de 1.100 persoas e foi fundada no ano 1982 coa razón social de “Asociación
de Minusválidos da Barbanza”, coa finalidade principal da integración e mellora da calidade de vida das Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) de calquera natureza.

  • ONDE ESTAMOS?

Centro de recursos da Barbanza:

Lg. San Roque-Frións s/n – 15960 Ribeira (A Coruña) – Teléfonos​: 981 87 44 80 / 981 87 54 75   Fax​: 981 87 44 80
Coordenadas GPS​: 42.554471,-9.
Oficina de atención AMBAR:
Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal.
Rúa Castelao, 5.  -  15940 Pobra do Caramiñal (A Coruña)  Tel/fax​: 981 83 29 05
Coordenadas GPS​: 42.6033353,-8.9374381

  • SERVIZOS QUE PRESTAN:

A ​Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional​ é promotora e administradora dos Servizos de Centro de Día e Centro Ocupacional AMBAR, sitos en Ribeira, e que ten como obxectivo de cubrir as necesidades básicas dun importante número de persoas con diversidade funcional intelectual da comarca do Barbanza

  • Centro ocupacional.

O servizo de Centro Ocupacional, funcionando dende o ano 1993 conta actualmente con 45 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual en idade laboral. O noso número de rexistro é: E-0089.
O servizo de Centro Ocupacional está acreditado co certificado de calidade ISO 9001, con
número de certificación ES030407, outorgado pola certificadora Bureau Veritas.

  • Centro de día.

No 2009 iniciouse a actividade do servizo de Centro de Día, co fin de aportar os apoios suficientes as persoas con discapacidade intelectual cuxas necesidades asistenciais requiren de maior extensión e intensidade que as posibilitadas polo modelo de centro ocupacional. Dispoñendo así da atención importante e continuada que precisan, nun recurso adecuado.
O servizo de Centro de Día conta actualmente con 20 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado. O noso número de rexistro é: E-0089/003.

  • OIGO

Oficina para a Igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional-OIGO A OIGO traballa para fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, desenvolvendo as súas accións dende o marco conceptual do Modelo Social da Diversidade Funcional, así como a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos Humanos das Persoas Con Discapacidade

  • Vivenda con apoio.

A asociación AMBAR ten en funcionamento o proxecto ​Vivindo na comunidade​, onsistente nunha vivenda con capacidade para 5 persoas con diversidade funcional, que serve de ponte á vida autónoma e independente, permitindo a estas persoas adquirir coñecementos e destrezas para a súa inclusión na comunidade e para evitar o seu illamento ou separación desta, posibilitando a utilización dunha variedade de axudas técnicas e un programa habilitador, favorecendo a autonomía persoal necesaria para poder realizar unha vida independente.

  • Servicio de transporte adaptado.

AMBAR dispón de 8 furgonetas, 5 delas adaptadas para o transporte de persoas con mobilidade reducida. Diariamente realizamos o transporte dos usuarios do Centro Ocupacional e de Día ás instalacións de Frións. Ademáis atendemos a demanda de socios e persoas con mobilidade reducida que necesitan cubrir as súas necesidades de transporte dentro da zona xeográfica da comarca da Barbanza.

ALGÚNS DOS SEUS PROGRAMAS.
● Teatro – grupo Artellar.
● Programa operativo de emprego xuvenil.
● Empoderamento para mulleres.
● Programa de vela para todos.
● Programa de respiro familiar.
● Programa de ocio e tempo libre.
● Campaña de difusión da convención.

NA WEB




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.