AMIPA son as siglas que corresponden a ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA COMARCA DO SAR. Estiveron con nós na Semana Solidaria.
Fórmano un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, son persoas cun proxecto compartido.
-
Como naceron?:
Todas as familias dos concellos de Dodro, Padrón e Rois, xuntráronse para falar sobre eles.
Cando se creou a asociación?: Decidiron crear unha asociación sen ánimo de lucro no ano 1997.
Dende o ano 2010 a súa actividade cotiá desenvolvese no centro ocupacional situado en Sorribas, no Concello de Rois.
-
Que fan?:
Apoia de maneira individualizada a cada persoa con discapacidade intelectual.
Ademáis favorece a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade intelectual mediante procesos de formación continua que se desenvolve na propia comunidade e de maneira especial, no Centro Ocupacional de Sorribas, en Rois.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]