Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Cada un coa súa lingua

Podemos elexir a lingua na que falamos en cada situación?

davila180517

Durante moitos anos a nosa lingua foi desprestixiada en moitos ámbitos e o seu uso reducido aos pobos rurais. Na Constitución, no apartado das comunidades autónomas díxose: “O fomento da cultura, da investigación e, se é o caso, do ensino da lingua da comunidade autónoma” e así se fíxo.
Sen embargo, actualmente, a pesar de que no ensino estase a aprender o galego como calquera outra lingua, o seu uso na poboación disminúe constantemente. Como é posible? Anos pedindo o uso da lingua en todos os ámbitos e agora isto?
Actualmente o galego ten moitísimos prexuízos na sociedade: que si o galego é de `palurdos´, que é de nacionalistas, que é dos que `se creen muy listos´ e lamentablemente un longo etc. E estos prexuizos están a simple vista de todos aqueles que falan o galego, neganlles un traballo pola súa lingua, obriganlles a cambiar a lingua dun informe ao castelán porque así ‘entendeno todos’ como lle pasou a un familiar meu ou incluso obliganlles a cambiar o seu idioma cara os clientes dunha empresa galega!
Todo isto lévanos a dúas posibles reaccións: a substitución da lingua ou a súa normalización. Só normalizando a nosa lingua poderíamos mantela, o cal significaría usar o galego en todos os ámbitos nos que actualmente se usa o castelán, e decir, a substitución do castelán polo galego. Pola contra, a outra opción é a substitución da nosa lingua polo castelán, o cal non só eliminaría ao galego definitivamente senon tamén toda a nosa cultura, despois de todo, o idioma non é só unha maneira de comunicación (se fora así todos falariamos unha soa lingua), son tradicións e comidas do lugar, son as cancións, a música e o baile, é unha maneira de ser.
Esto da a unha única posible conclusión: nos non somos libres de falar a lingua que queiramos, en todos os ámbitos (sociais, educativos, administrativos…) estamos estrictamente reducidos no uso da lingua, obrígamnos a usar o castelán se queremos chegar a un nivel superior ao que temos nesta sociedadeou se queremos mexclarnos con esta.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.