Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
A Arte de Trobar

Cartas afogadas
nun naufraxio de palabras.
Non morren os que emerxen
e só vives se nadas…

Din todas as lendas
que se loitas gañas.
Lendas emerxidas
nun naufraxio de palabras.

Só falan da victoria:
Vive e vencerás.
Só falan do fermoso que é o mar
sen afogar.

Só pensan que latexa
por arte e para amar
e se non for dese xeito,
quen quer velo latexar?

Entre latexos de tinta
e plumas… para voar;
se me derretera a victoria
naufragaría no ar

Mentres ouvo o fermoso ruxir das ondas
Entre o sentir e o versar.

Quen quer ver os versados códex
dende a Terra? Ou dende o ar?
Podendo emerxer do naufraxio
tendo a Arte de Trobar.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.