Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Liberdade Lingüística

por Paula Otero

Todas aquelas persoas que sexan conscientes de que o galego é unha lingua minorizada, deberían darse conta de que non somos libres de escoller a lingua que desexamos falar, debido a que estamos continuamente sometidos a prexuízos lingüísticos acerca do galego, e iso, entre outras, cousas fai que non teñamos unha liberdade absoluta para escoller a lingua que desexamos falar.

Moita xente cre que si que somos libres de escoller a lingua que queremos falar, pero eu persoalmente, opino que non o somos.

O factor fundamental que fai que non teñamos esa liberdade que moitos desexaríamos ter é a desigualdade lingüística. Tan so se podería ter unha verdadeira liberdade nunha situación de igualdade lingüística e non de minorización dunha lingua, como acontece no caso do galego dende séculos atrás.

É realmente triste que vivindo en Galicia, non poidamos escoller libremente o galego, e todo por mor de tantos prexuízos negativos aos que se ve sometida continuamente a nosa lingua.

Se de verdade existise unha igualdade lingüística, todo mundo sería completamente libre de escoller a lingua na que quixese falar. Seríamos libres polo feito de que non existiría ningún tipo de imposición dunha lingua noutra, e sen lugar a dúbida no caso de que iso acontecera, en Galicia todo mundo escollería falar o galego polo feito de ser a lingua propia da zona.

A través desa reflexión podemos comprobar, unha vez máis, que moitas persoas falan unha lingua ou outra segundo o lugar ou situación na que se atopen en cada momento, e por ese feito de cambiar, xa non estamos sendo libres de escoller unha soa lingua.

Que cambie esta situación e que pouco a pouco comece a existir, aquí en Galicia, unha completa liberdade lingüística, está so nas nosas mans, pero para que iso aconteza, o primeiro que hai que comezar a facer é loitar contra a imposición do castelán e así conseguir que haxa unha igualdade lingüística.

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.