Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Foto-col de Rosalía

Carteis_anunciar_ROSALIA_color_008Hoxe celebramos o último día da Semana dedicada a homenaxear a Rosalía de Castro. Durante os recreos, cun Foto-Col de Rosalía que sorprendeu a case todo o mundo. Houbo fotos e houbo coles, versos de Rosalía e Caldo de Gloria

Quixemos facernos eco da iniciativa da Fundación Rosalía que comentamos no anterior artigo e organizamos un caldo de gloria na entrada do IES, coa rapazada de 1º ESO lendo o poema correspondente “Miña casiña, meu lar”  e todo o mundo escollendo os seus versos preferidos de Rosalía para facer a foto no Foto-COL!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.