Desde o IES Félix Muriel queremos lembrar que hoxe é o Día Internacional da Lingua materna. Para iso inauguramos o pintado das columnas que unen os dous edificios, onde se pode ler o lema: “Rianxo medra, cando falas” ou ben “Cando falas, Rianxo medra”
O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.
Este día ten a súa orixe no recoñecemento internacional do Día do Movemento pola Lingua, que se conmemora en Bangladesh desde 1952, cando varios estudantes da Universidade de Dacca morreron a mans da policía paquistaní durante as protestas do Movemento pola Lingua Bengalí.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]