Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Música galega actual
Xenial concerto do grupo Ezetaerre

Por Laura Vicente, Noa Piñeiro e Silvia Rial (2º ESO D)

IMG_20171218_162948_898 O pasado luns 18 de decembro tivemos o pracer de coñecer ao grupo musical Ezetaerre, composto por, Juan, Miguel e Pedro. Presentáronos os nosos compañeiros Bernal Muíños e mais Brais Rodríguez. Houbo moitos espectadores no salón posto que é un grupo musical moi bo ao que moitos estudantes do centro lle teñen moito cariño e son seguidores dende que comezou a compoñer o grupo.

Puidemos acudir todos os alumnos e IMG_20171218_163125_822alumnas que formamos parte do Equipo de normalización desde 1º ESO a 2º Bac. e mais os grupos de 3º ESO D e 3º ESO A, que estiveron traballando sobre a súa música.
Ezetaerre comezou tocando unha peza chamada “Mao ma” coa que moit@s dos nosos compañeiros gozaron, logo continuaron co seu disco titulado “Paz, pan e terra´´.IMG_20171219_121356_317

Juan, Miguel e Pedro aproveitaron para contarnos o difícil que foi poder chegar ao día de hoxe cando xa empezan a ser un grupo consolidado, pois contáronos como foran os seus comezos e onde gravaron a súa primeira canción, que sorprendentemente foi nun cuarto da súa casa con tan só un portátil.
Sacamos moitas fotos con eles e firmáronnos moitos autógrafos para finalizar unha marabillosa tarde de concerto.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.