Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio
Volve a radio!

IMG-20180116-WA0000Xa temos na páxina de “Rianxo fala” o primeiro programa deste curso, que vén sendo o número 12 da nosa curta traxectoria. Por problemas técnicos alleos a nós non o puidemos colgar ata agora, mais xa se emitiu a finais de novembro.

Con este programa comezou a súa andaina un grupo moi xeitoso de alumnado de 1º ESO, dos que só algúns saen na foto (Celia Arcos Resúa, Marta Figueira, Sabela Loureiro Coto, Alex Mariño e Sandra Ordóñez).  Mais detrás da escaleta e emisión deste primeiro programa están tamén: Daniela Rodríguez, Marta Domínguez Picón,  Isabel Saborido Gey e Mauro Riveiro Suárez.

Nesta ocación déronnos algunhas Noticias do IES, sobre todo o que naquel momento era tema de actualidade, pois estabamos celebrando a  Semana contra a violencia machista. Tamén se falou da Representacións de Shrek que houbo no concello e presentaron unha interesante reportaxe sobre o cambio de edificio do alumnado de 2º e 3º ESO.

Esperemos que vos guste!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.