Por Antía Outeiral Rodríguez
Temos realmente a liberdade de escoller a lingua que queiramos utilizar?Eu sinceramente creo que a resposta é un rotundo non, e que esta xustificada por numerosos factores tanto políticos coma sociais que comentarei e analizarei de seguido.
En primeiro lugar, a sociedade é un factor moi decisivo na elección nunha lingua por moitos motivos , con isto refírome aos prexuizos que existen hacia algúns idiomas de forma que as persoas os consideren vulgares, incultos ou inferiores a outro idioma considerado mellor e cambien a lingua coa que se sinten cómodos pola que creen que lles beneficia nos ámbitos que consideran importantes producindo desta forma o fenómeno denominado diglosia, un exemplo moi común é que nálguns traballos obriguenche a falar castelán por que os xefes pensan que así terán maiores beneficios.
Por outro lado temos as cuestións políticas, é dicir, as leis. Na actualidade o Decreto do
Plurilingüísmo que foi creado para e polo galego parece que pretende beneficiar máis ao inglés (lingua inpropia de España e de Galicia) que a nosa propia lingua, facendo que as clases sexan impartidas un 30% en castelán, un 30% en inglés e o 30% restante en galego , o que sen dúbida nos impide tanto aos alumnos como ao profesorado elixir a lingua que queiramos.
En canto ós medios de comunicación tanto escritos (que es galego os xornais son inexistentes) como audiovisuais, é dicir, a televisión ,empregan o galego en pequenas cantidades sobre todo nos debuxos para os nenos máis novos e en etapa de aprendizaxe da lingua, polo que non sempre poden escoller a serie que desexan ver la lingua na que queren escoitala e cámbiana por outra ,no noso caso o castelán.
En resumo, tras analizar os factores que afectan a elección da lingua cheguei a conclusión de que non somos de ningunha forma libres de escollela e que tanto a sociedade, a política e os medios de comunicación teñen moita relevancia nesta perda de liberdade.
[…] Fonte da imaxe […]