Imaxe de cabeceira
Varia
CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte, quere  presentarlle ás escolas este traballo  como material que poida ser utilizado na súa dinámica de traballo.

É por este motivo polo que, CONVOCA o CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS.

Estas son as bases e máis as condicións que ofrecen neste certame, e que son necesarias para poder participar:

BASES:

1. No certame poderá participar o alumnado dos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal.

2. Establécense dúas categorías:

  • 1ª CATEGORÍA: Alumnado de Ed. Primaria(Galicia) / Alumnado até o sexto ano (Portugal).
  • 2ª CATEGORÍA: Alumnado de Ed. Secundaria, Bacherelato e FP. (Galicia)/ Alumnado do sexto ano en adiante (Portugal).

3. Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, nun dos formatos: jpg, mpeg , bmp.

4. Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito.

5. Cada imaxe acompañarase dun texto libre que terá unha extensión máxima de 150 palabras na 1ª categoría e de 250 na 2ª. Poderá mandarse en formato Word, OpenOffice ou PDF. O texto libre, ademais, poderá ofrecer os seguintes datos da fotografía: onde está tomada, quen aparecen nela, data aproximada na que foi feita e a relación desa imaxe co Patrimonio Cultural.

6. Os centros educativos poden enviar todas as fotografías que desexen. As fotografías subiranse na web www.escolasnasondas.com seguindo as instrucións alí especificadas.

7. Fora de concurso poderán participar, enviando fotografías, persoas e entidades que non pertenzan aos centros educativos. O xurado valorará as súas aportacións podendo facer mención daquelas imaxes que, ao seu xuízo, sexan salientables

8. Un xurado formado por fotógrafos, etnógrafos e antropólogos de Galicia e do Norte de Portugal valorarán a calidade e o interese patrimonial das fotografías recibidas e o texto , así como, o seu valor como mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués.

9. Premios:

  • 1ª Categoría:
    • 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora
    • 2º premio: unha tablet de 10”
    3º,4º e 5º premio: sendas tablets de 7”
  • 2ª Categoría:
    • 1º premio: Un ordenador portátil para a familia remitente da fotografía gañadora
    • 2º premio: unha tablet de 10”
    3º,4º e 5º premio: sendas tablets de 7”
    Premio Especial: unha cámara de fotos reflex que recibirá aquela escola que mande o conxunto maior de fotografías que, ao xuizo do xurado, teñan grande relevancia polo seu contido.

10. En caso de que, a xuízo do xurado, ningunha fotografía acade a calidade requirida, poderá deixarse deserta algunha das categorías.

11. A decisión do xurado considerarase inapelable non podendo ser obxecto de ningunha reclamación.

12. Criterios de avaliación das obras. O xurado valorará, por esta orde, os seguintes criterios:

  • 12.1. Que sexa reflexo dunha manifestación do Patrimonio Cultural e Inmaterial. A fotografía debe mostrar unha tradición ou expresión do Patrimonio reflectindo, ao máximo posible, a súa esencia.
  • 12.2. Que o texto que acompaña e fotografía axude a entender o Patrimonio que se mostra.
  • 12.3. Calidade da proposta visual que teña a propia fotografía

13. O prazo de presentación das fotografías comezará o día 22 de xaneiro de 2018 e rematará o 30 de abril de 2018. Os gañadores e gañadoras faranse públicos a finais do mes de maio de 2018, na web e a Asociación porase en contacto con eles.

14. A participación no Certame supón que se autoriza á Asociación Ponte…nas ondas! á difusión das fotografías remitidas.

Para calquera aclaración respecto a este certame poden dirixirse a: ondas@pontenasondas.org




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.