Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A liberdade lingüística (por Lucía Casal)

galegoO debate realizado nas aulas de galego deixa á vista que en realidade os galegos non temos liberdade para escoller a nosa lingua.

Os galegos dende a imposición do castelán deixaron de ter verdadeira liberdade para escoller a súa lingua. Na sociedade actual en toda Galiza potenciase o castelán e mesmo o inglés, o galego por outra banda é deixado de lado, un claro indicio da desigualdade entre as linguas, o que fai imposible a liberdade.

Na sociedade actual non hai liberdade lingüística, a Lei de Normalización Lingüística, a diferenza de en País Vasco e Cataluña, non motivou o emprego do galego nin axudou na súa difusión. Por outro lado o Decreto do Plurilingüismo a pesar de estar feito, aparentemente, para motivar o uso do galego con el conséguese todo o contrario. Fomenta o castelán nas aulas e incluso o inglés antes que o galego.

A liberdade lingüística só pode ser acadada se as institucións públicas, os poderes políticos, a Administración e os medios de comunicación falaran en galego. As opcións que facilitan o emprego do galego fora dun ámbito familiar e informal son moi limitadas, incluso dentro deste ámbito o seu uso está limitado, por exemplo, os medios de comunicación en galego son escasos, tanto os informativos, como os infantís, entre outros.

As desigualdades lingüísticas impiden a posibilidade de escoller a lingua na que falar, pois o seu emprego desigual favorece a unha lingua, esa lingua será a falada pola maioría da poboación, e desprestixia a outra, a que poucos falaran pois incúlcanse prexuízos que condicionan as elección das persoas para non escoller esa lingua.

A liberdade lingüística non depende do pobo, senón da sociedade, e esta é controlada polos medios de comunicación, que á súa vez son controlados polos distintos partidos políticos. A liberdade acádase cando tes a opción de elixir a túa lingua sen que cha impoñan.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.