Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A imparcialidade e a obxectividade no xornalismo

galicia_hoxe.750por María Chouza

Varias semanas de explicacións, unha presentación dos textos xornalísticos e exercicios feitos na clase poñen en manifesto a pouca obxectividade que se agocha nos xornais.

En todo o mundo, na sociedade actual, os e as xornalistas deixan atrás a obxectividade.

Dise que cando te queres informar recorres aos medios de comunicación, neste caso, un dos medios máis utilizados que son os xornais dixitais ou escritos. Estes habitualmente teñen un soporte financeiro que dende certo punto vese razoable na miña opinión. Xa non o é cando ese soporte lle inculca, querendo ou a forza, unha idea política posicionándose nun bando ideolóxico. Dende ese momento o xornal xa non actúa como é debido xa que incumpre a súa principal función, que é a de informar. A partir de aí encárganse de manipular á xente, e grazas a crenza de que os xornais son neutrais, a gran maioría de persoas ignorantes cren calquera cousa que escriban neles.

Por outro lado, tamén condiciona que un xornal non sexa subxectivo o periodista que escribe. Neste inflúe a súa educación e os valores e crenzas o que fai que sexa case imposible a obxectividade.

Como todo se rexe pola economía non vexo forma algunha de que os xornais sexan obxectivos, aínda que os hai que se declaran así.

En conclusión, non son imparciais. E se queremos informarnos ben debemos comparar varios xornais xa que non veremos a mesma información enfocada en todos. E, se é así, crearemos unha opinión crítica.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.