por Diana Ramos
Hoxe en día encontrar unha fonte totalmente imparcial nos medios de comunicación é moi difícil. Esta tarefa de atopar unha noticia obxectiva é complicada debido ao sistema consumista no que vivimos e tamén dificultado pola necesidade das persoas de transmitir a súa opinión e as súas ideas. Pero, o problema non é que mostren a súa opinión, se non que disfracen a realidade, narrando noticias ca realidade adaptada, ao que pretenden que captemos dunha noticia. Así, as persoas que pretenden informarse lendo un periódico non acaban informadas de forma obxectiva e acaban confusos, sobre todo se comparan a mesma noticia en dous periódicos de ideoloxías completamente distintas, xa que cada un dos periódicos tentará que nos quedemos cunha idea do que lemos.
Desta forma os lectores non son capaces de recibir información sobre un tema de forma totalmente imparcial, a única maneira de saber os feitos tal e como sucederon é ler diversas fontes e ser curiosos, desta maneira unha persoa pode saber o que sucedeu comparando en que coinciden os sitios onde se recolleu información.
Está claro que seguindo isto os lectores gastamos unha gran cantidade de tempo en obter unhas ideas totalmente nosas sobre un tema, pero é a única forma que temos hoxe en día, debido á sociedade na que vivimos. Ademais, aínda que confiemos nun xornal, pode que este sexa erróneo porque pode partir de información obtida doutro falso.
Con todo, os que queremos recoller sucesos de forma obxectiva e imparcial debemos reclamala e loitar por ela xa que é un procedemento para formarse como cidadáns e para coñecer a nosa propia opinión. Esta pode formarse a partir doutras, pero é importante saber cando un texto é dun bando ou doutro, cando quere transmitirnos unha opinión propia ou porén pretende informarnos obxectivamente (ocorre poucas veces). Diferenciando isto, e sendo minimamente conscientes do noso entorno formaremos un criterio completamente noso. Aplicando todo isto poderemos aproveitarnos da opinión dos xornalistas para formar unha opinión nosa e non a deles, como moitas veces se quere conseguir, e se consegue, xa que case todas as persoas len os xornais, mentres só unha minoría é consciente da parcialidade e subxectividade dos xornalistas.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]