Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
“O galego, o mellor agasallo”

O MELLOR AGASALLO en galego-WEB

O galego O MELLOR AGASALLO-WEB

Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego ! ;-)  

Quixemos no noso ENDL difundir esta iniciativa normalizadora e de paso deixar  a nosa pegada ao querer mover conciencias. Así deseñamos estes cartaces que vedes aquí, un que dá paso á exposición dos paneis feitos cos agasallos que se poden facer en galego. O outro… lembrando que o galego é o noso mellor agasallo!

Agasallo.eu non é unha tenda en liña. Dáche ideas e propostas e indícache ou lévache a onde as podes adquirir, mais non se venden directamente a través desta plataforma.

Deste xeito, preténdese axudar a elixir agasallos e incitar que sexan en galego, visibilizar e dar a coñecer entre o conxunto da cidadanía creacións que usan a lingua galega, que a cidadanía coñeza que se poden regalar produtos no noso idioma de todo tipo e para todas as idades, incentivar a regalar filmes, libros, camisolas, discos, xogos, etc., e, en definitiva, creacións culturais galegas, e promocionar e apoiar os produtos e servizos de todo tipo, e as empresas, que usan o galego.

Así, aquí atoparás propostas organizadas en nove categorías: Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros.

Agasallo.eu está impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) que, para a súa posta en marcha, contou con colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e mantense e difúndese coa achega económica das empresas que participan incluíndo aquí as súas propostas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.