Imaxe de cabeceira
O IES rebole
CHARLA-OBRADOIRO “FÁLAME MOITO E BEN”

 Cartel_Obradoiro-fálame_benO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organizou unha nova actividade formativa destinada ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e a persoas coidadoras e docentes, incluída no programa Apego de dinamización lingüística da primeira infancia. Co título Fálame moito, fálame ben desenvolveuse unha charla-obradoiro na que se falou da estimulación de bebés para a adquisición da linguaxe. O obradoiro, desenvolvido pola psicóloga especialista en familia, Raquel Vello Varela, integrante do equipo Oikos (espazo de emocións, desenvolvemento e saúde) incluíu diversos temas relacionados coa adquisición da linguaxe e pautas para a súa estimulación: cando e como estimular a fala das crianzas e como falarlles, a estimulación da linguaxe cando conviven dúas linguas, diferenzas entre linguaxe falada e signada, fases da adquisición da linguaxe e identificación de atrasos da fala, e diversos recursos como xogos, cancións e materiais.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.