Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A obxectividade xornalística (por Sara Tubío)

Quen ao ler uperiodicosn xornal ou ver un informativo non tivo a sensación de non estar lendo toda a verdade? Quen non sabe que determinados xornais, informativos ou revistas contan a verdade segundo as directrices da súa liña editorial? Quen non está farto de escoitar ou ler as mesmas noticias en todos os medios durante unhas semanas e despois non saber nada mais do que acontece semellando que non ocorre nada no mundo máis que o que os xornalistas nese momento deciden?

Dende sempre aprendemos que os textos informativos coma a noticia son obxectivos e só se dedican a transmitir información de xeito imparcial. Pola contra existen outro tipo de textos xornalísticos como o artigo de opinión, o editorial e a columna etc. para os cales resulta imprescindíbel a subxectividade, pois consisten basicamente en amosar a opinión do autor. O problema témolo cando nos textos informativos, o periodista mestura información con opinión terxiversando a información para achegala máis aos seus ideais ou aos do propio xornal.

Na actualidade tan só en España hai máis de setenta e cinco xornais dos cales, podería afirmar, nin un de cada cinco son obxectivos. Máis de 10 millóns de españois len o xornal cada día, preto de 600.000 persoas len “La voz de Galicia” a diario e máis de 78.000 “El correo gallego”. Se falamos de telexornais a TVG no horario de mediodía conta cunha cota de case o 23 por cento de luns a venres; é o segundo informativo autonómico con maior audiencia. Sen ter en conta a gran cantidade de persoas que acceden á información a través da rede para ler a versión online destes xornais.

Outro gran problema nestes últimos tempos é a creación de noticias falsas a propósito. Un exemplo disto é o que está acontecendo en Rusia. Acabase de descubrir que teñen edificios enteiros con xente contratada para crear noticias falsas, perfiles de twitter, facebook… onde compartir e difundir imaxes e noticias falsas.

É practicamente imposible manterse afastado dos medios de comunicación, pois están moi presentes na nosa sociedade; e non digo que debamos facelo, pois creo que son necesarios e resultan imprescindibles para saber que acontece ao noso redor e estar informados. Dende sempre os medios de comunicación tanto orais coma escritos non só difunden información senón que xeran un impacto enorme na sociedade, e por iso debemos estar moi atentos e fixarnos se seguen un rigor informativo (e ter en conta a liña editorial á que pertencen). Precisamos os medios para estar ao tanto do que acontece a diario, pero só para iso, pois, a caso para opinar non estamos xa nós? Non necesitamos saber que pensan os xornalistas que nos informan, só necesitamos saber que acontece e despois xa seremos nós quen elaboremos a nosa propia opinión.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.