A liberdade lingüística leva sendo un gran debate durante moitos anos porque, aínda que todos pensemos e teñamos claro que si, en verdade, somos libres de escoller a lingua que queiramos?
Tristemente, tanto se poñemos o foco en Galicia como se miramos máis alá, veremos que en realidade, en todos os ámbitos ou circunstancias que poidamos encontrar case sempre atoparemos a imposición dunha lingua sobre outra aos cidadáns, aínda que estes non estean dacordo. Como exemplo, é tan fácil coma recorrer a calquera estado, sexa autoritario ou non, no cal sobrepoñan unha lingua a outra.
Se nos centramos no ámbito galego, podemos poñer por caso a experiencia de Mar Fernández, unha andaluza que reside un Galicia dende varios anos, a cal conta co maior nivel de galego que se pode conseguir. Esta moza, contou nunha rede social as súas experiencias co galego como por exemplo, as veces que tivo problemas para ser atendida en castelán: cero; veces que tivo problemas para ser atendida en galego: incontables. É certo que esta é unha situación que a meirande parte de galego falantes se atopan, pero iso non quita que sexa alarmante. Máis alarmante aínda, é a súa seguinte declaración: veces que lle esixiron falar galego: cero; veces que lle esixiron falar castelán: incontables; ademais, no seu traballo estáballes prohibido contestar ás chamadas en galego. Ao final da súa declaración, resume a liberdade lingüística a nivel galego: inexistente.
Se nos baseamos nos datos podemos observar o aumento da castelanización da sociedade. Dende o 2003 ao 2013 un 4% máis da poboación fala máis castelán ca galego. Esta tendencia á baixa de galego falantes dáse sobre todo nos máis novos, neles xúntanse unha serie de condicións para que vexan o galego como unha lingua inferior, coma a masiva castelanización dos medios ou da educación.
Deste xeito, resulta patente a inexistencia da liberdade lingüística sexa a nivel nacional ou internacional xa que, como puidemos afirmar antes, sempre nos atoparemos cunha imposición dunha lingua sobre outra.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]