Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A liberdade lingüística (por Irene Rey)

Libertad-de-idiomaXa sexa mediante datos estatísticos, informarnos para logo facer un debate ou incluso ver vídeos informativos tanto a nivel do noso territorio como a un nivel internacional onde outras linguas sofren situacións moi parecidas á da nosa lingua, vemos que sempre vamos ter algún obstáculo no camiño á hora de querer expresarnos coa lingua que nos gustaría.

 A día de hoxe, na sociedade actual, moi poucas persoas teñen a facilidade de escoller a lingua coa que queren falar habitualmente, non só na súa rutina diaria, senón en todos os ámbitos sociais nos que teña que desenrolar algún tipo de tarefa.

Todos cremos que somos totalmente libres cando en realidade só o somos parcialmente, é dicir, a nosa liberdade está condicionada pola sociedade na que vivimos. Un caso por exemplo sería cuestión de prestixio. Tal e como coñecemos a sociedade, a poboación admira a riqueza, xa que o diñeiro é quen move a economía e polo tanto do que se sostén a poboación. Agora ben, quen posúe ese diñeiro? A resposta está clara, as clases altas, e polo tanto o resto imitan a estes “poderosos” e todo o que fan, incluíndo a lingua que empregan, que é o castelán xa que consideran o galego algo inferior e sen futuro.

Así mesmo temos capacidade para elixir nalgúns casos? Certo é que si, pero esa capacidade xera risco e polo xeral acaba en medo, por iso a xente ten a tendencia a imitar ou a facer o que fagan os demais.

Temos unha situación na que en teoría temos moitos recursos a prol da lingua pero na práctica non é así, situacións que cremos nas que somos libres cando en realidade chegamos á conclusión de que non, neste caso, podemos falar tamén de imposición dunha lingua sobre outra. Por exemplo, para o galego, leis como o Plan Xeral de Normalización introducen a posibilidade de atender ao cidadán en galego como norma de cortesía, pero non é certo que cando nos achegamos a un centro hospitalario as persoas que se dirixen a nós en galego son unha porcentaxe mínima? Xa non tes esa liberdade de poder escoller como queres ser atendido, esteas de acordo ou non, acabas condicionado.

En resumo, resulta evidente que nunca imos a considerar que temos liberdade plena, porque unha persoa pode sentirse libre á hora de falar, isto é, que ninguén lle impida expresarse nun idioma, pero xa sexa cos exemplos anteriores ou simplemente observando o que nos rodea, vemos que a nosa lingua está nunha posición de minorización promovida por todos os factores que rexen a sociedade actual.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.