Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Soledad Felloza no noso IES

Cartel_Sole-FellozareduNa mañá deste venres 24 de novembro celebraranse  dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).

Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer   unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.

Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.  A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.

A lingua galega vai ser a ferramenta que axudará a reflexionar sobre a nosa vida e a rirnos de nós mesmos, pero tamén tratará, dende ópticas diversas, diferentes aspectos da sociedade, entre eles a discriminación e a violencia contra as mulleres, a tradición oral, a necesidade de comunicarnos e de respectarnos para vivir en sociedade, e o valor que ten a nosa lingua propia como parte fundamental do noso patrimonio.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.