Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Literatura contra a violencia

LIBRO 3LIBRO 2

LIBRO 1

 

 

 

 

 Aqueles días en que éramos malas

LIBRO 3Inma López Silva. Editorial Lumen. 2017

O punto de encontro é o módulo feminino do cárcere de A Lama (Pontevedra). Cinco mulleres. Margot, a moza xitana que se viu abocada á prostitución cando a súa familia a repudiou por procrear un fillo demasiado louro. Valentina, ‘Carabonita’, a nena violada que abandonou a súa a pequena vila en Colombia para buscarse un futuro en Galicia, que rematou entre reixas e que agora espera un segundo fillo produto dun vis a vis. Laura, que aínda que os seus pais aspiraban a que fose bailarina clásica, acabou levando un moño tirante pero sen tutú, senón co uniforme gris de funcionaria de prisións. Sor Mercedes, a monxa á que lle repugnan os homes e que foi condenada por un caso de nenos roubados. E por último Inma, unha escritora acusada de “homicidio en grao de tentativa inacabada”.

 Inma, do mesmo xeito que a autora do libro, Inma López Silva. Escritoras as dúas. “Aqueles días en que eramos malas”, unha novela escrita durante cinco anos a catro mans, as da Inma real e as da Inma ficticia, dúas mulleres que se funden na primeira persoa e que actúan como testemuñas e portavoces de cinco historias que poden ter o mesmo de real que de literario. Un reflexo da vida no cárcere de cinco mulleres, a converxencia de pasados máis ou menos convencionais, de infancias máis ou menos traumáticas e de futuros máis ou menos ventureiros. De onde provén o mal? Por que unha persoa comete un crime? Cando un crime pode estar xustificado? López Silva afonda na natureza humana, na moralidade e as convencións sociais para cuestionarse o papel do sistema penal e denunciar a violencia -tanto física como estrutural- á que moitas mulleres se enfrontan no cárcere e fóra del. (Recensión do editor)

De mujeres, palabras y alfileres

LIBRO 2Yadira Calvo ,Editorial BELLATERRA, 2017

Esta obra lanza unha mirada crítica cara á lingua castelá e examina os diferentes xeitos en que transmite unha visión cultural androcéntrica e sexista. A antiga e abusiva identificación entre varón e ser humano enraizada na linguaxe fixou na norma gramatical a sobre-representación do masculino. O patriarcado toma corpo de múltiples xeitos a través da linguaxe: contamina metáforas, tinxe o léxico, torce as definicións, acazápase nos discursos, campa no refraneiro, fíltrase nas expresións cotiás, espésase nas inxurias, declárase e alardea, escríbese, cántase e, en fin, encárgase de que sexa abundante a colleita e permanente a plantación. Os modos de dicir afectan os modos de percibir. Por tanto, moitas persoas, sobre todo mulleres eruditas, estudosas ou só sensibles, sinalaron os agochos e xerarquizacións que tal norma implica. Outras, pola contra, repoñen que isto é irrevogable porque, para cambiar gramática, discursos, palabras e expresións, hai que cambiar a cultura que lles deu orixe e os mantén en pé, e iso vai para longo, se é que vai. A idea é persuadir de que é mellor cruzarse de brazos porque ao patriarcado non hai quen o mova; con todo, a lingua sosteno como os contrafortes ás vellas catedrais: se se menea o contraforte, o edificio cambalea. (Recensión do editor)

Manual para mujeres de la limpieza

LIBRO 1Lucía Berlín, Edita Alfaguara , 2015

O libro reúne 43 relatos que basicamente resumen a vida da autora. Con claros toques autobiográficos, Lucia Berlín fálanos da súa vida, a da maioría das mulleres e nais que non o tiveron fácil e que, moitas veces e como é o caso das mulleres da limpeza, conviven coa sucidade. Conforme avanza o libro, atopámonos cunha biografía cara a madurez da propia autora. Logra facelo desde puntos aparentemente distintos, nos que se repiten situacións, un ti a ti, cunha narración sumamente honesta, que avoga por unha compaixón que logo di non sentir, (como a da adolescente que busca unha solución para a vida ou a dor como algo real aínda que non sexa tanxible), abordando moitos outros temas nos que Berlín se nos abre espindo e desgarrando a súa alma.

 Lucia Berlin foi unha muller que viviu atormentada, que sufriu e que escribiu para deixar constancia de toda a súa dor e construir un manual para as mulleres da limpeza que encarna, mediante a ficción, o cruel que é a vida. (Mariana Teresa Ga Escobar. http://mariana-is-reading.blogspot.com.es

Fonte: STEG




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.