Por Alex Mariño (1º ESO A)
Rianxo é unha pequena vila de Galicia que quere un centro de día. Para os que non saiban que é un centro de día direivos que se trata dun sitio no qu
e coidan a persoas dependentes (na maioría dos casos da terceira idade ) durante o día e que van á súa casa pola noite para durmir.
Rianxo quere un centro de día porque o máis próximo é en Dodro, a onde as pesoas maiores chegan cansados polo tempo que hai de via
xe porque aínda que o concello está ao lado, o autobús dá moitas voltas por todas as aldeas para chegar .
Xa levan máis de 120 días loitando por el. Os membros da plataforma fan quendas para manterse pechados no concello día e noite. Tamén organizan manifestacions en varios lugares, principalmente en Rianxo pero tamen foron a Santiago de Compostela ou á Coruña.
Elaboraron moitas pancartas con frases como “Rianxo precisa centro de día!”, tamén cantigas, incluso fixeron un himno.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]