Por: Mauro Riveiro Suárez, 1º ESO A
Hoxe en día, mudou a maneira de obter libros en préstamo, xa non se precisa ir á biblioteca. Pero hai moita xente que non sabe onde buscar. Ensínovos estas páxinas que eu uso a miúdo: www.galiciale.gal e ebook.dicoruna.es
Estas páxinas permítenos ler libros con moita facilidade, ben descargándoos ou léndoos en liña, e sen levantarnos do sofá!
Galicia Le:
Para acceder a esta páxina necesítase ser socio/a dunha biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Tes que rexistrarte e poderás ler libros electrónicos en galego ou castelán.
A lectura pode facerse en liña ou mediante descarga. Para a lectura en liña necesítase unha conexión wifi, datos móbiles,… e para a descarga ter unha conta Adobe ID e a aplicación Adobe Digital Editions. Precísanse dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (galego e castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, podes reservalas.
EbookDicoruna
É a plataforma tecnolóxica da Deputación Provincial da Coruña para o préstamos de libros electrónicos.
Para acceder á páxina hai que ser usuario/a dunha Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña ou de calquera outra das bibliotecas públicas da provincia da Coruña. Pásate pola Biblioteca Municipal de Rianxo e que che rexistren. Para acceder tes que ter polo menos quince anos (senón os tes anima a teus pais a rexistrarse), ter un dispositivo compatible e un correo electrónico.
Podes descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na túa biblioteca, sen necesidade de descargalos. Tamén podes ler en liña ou descargar os libros e lelos coa aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, igual que na outra plataforma Galicia Le.
Os libros estarán en préstamo 21 días e podes coller ata un máximo de dous e reservar outros dous.
Anímovos a probalas, ides repetir seguro!!!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]