Imaxe de cabeceira
Sabías que...
“Os maiores de Rianxo están a facer historia”

“Os maiores de Rianxo están a facer historia” é a frase que repetiu Cheché, unha representante da plataforma que se creou no noso concello para loitar por un centro de día para a vila.  Están a facer historia porque levan unha loita contra vento e marea para que o concello teña un centro de día.

IMG_20171017_103713_019IMG_20171017_110023_555IMG_20171017_104803_902

 

 

 

Alumnado do ciclo formativo do noso IES de atención ás persoas en situación de dependencia, xunto co alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato, estiveron escoitando, o pasado martes día 17, as razóns desta representante que viña acompañada de Moncha, unha das señoras que participan nos encerros que están mantendo desde hai cen días no concello.

O respecto polas persoas de idade foi unha das mensaxes fundamentais que se quixeron transmitir, xunto co esforzo enorme que están a facer por conseguir algo que é bo para todo o concello, non só para as persoas que están agora protestando. Queixouse tamén de toda aquela xente que lles dá as costas cando se manifestan os domingos pola mañá e solicitou axuda da xente moza, tanto para manter a loita como para axudalos a súa protesta nas redes sociais nas que non se manexan moi ben.

IMG_20171017_110026_028 IMG_20171017_110336_511 IMG_20171017_111241_826 IMG_20171017_111245_881

 

 

IMG_20171017_103710_460IMG_20171017_111546_630




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.