Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
II Certame de Narración Breve Mestre Manuel Gacio
Para todo o alumnado do IES ao que lle guste escribir… un aviso importante: Está en marcha o II Certame de Narración Breve Mestre Manuel Gacio. Deixámosvos as bases, lédeas con calma e animádevos a presentar os vosos escritos porque o premio é  moi interesante!
BASES
1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:

A: Alumnos/as de Primaria
B: Alumnos/as de Secundaria
2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.
3.- Os textos versarán sobre o Pico sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.
4.- Deben ser presentados por quintuplicado, en folio tamaño A4, entreliñado simple e tamaño de letra 12, paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure título e lema da obra, no seu interior outro sobre con título e lema pechado e se enviarán nome do autor, fotocopia DNI, enderezo e número de teléfono.
5.- Os traballos deben ser enviados a:
Centro de interpretación Pico Sacro
Rúa Pedro Ballesteros nº 25
Cachosenande
15881 Lestedo
Boqueixón -A Coruña-
6.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.
Os premios serán:
Categoría A: Un fin de semana nun balneario de Galicia para o autor e dous familiares, para o primeiro premio.
O segundo premio un cheque por valor de 75 euros para libraría Lino de Lestedo.
Categoría B. Os mesmos que premios que na categoría A
7.- A data límite de entrega remata o 30 de novembro de 2017
8.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.
9.- A asociación Mestre Manuel Gacio reservase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.
10.- Os traballos non premiados poden ser solicitados polos seus autores no prazo dun mes despois de publicarse o fallo do xuri. Aqueles non reclamados en prazo serán destruídos.
11.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.”




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.