Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Apelidos de Rianxo. Normalizando a antroponimia (1)

ApelidosRianxoBoullón - 0030

Estamos arrancando un novo curso e deseñando novas actividades e proxectos. Como vedes continuamos coa nosa revista. Queremos abrir este ano lectivo lembrando que o curso pasado estivemos desenvolvendo no ENDLG un proxecto que chamamos “Antroponimia de Rianxo” no que comezamos unha investigación sobre os apelidos máis frecuentes no noso IES e no concello (xa publicamos aquí varios artigos sobre o tema (1)  (2) e tamén en www.rianxofala.com). Tamén achegamos información sobre as formas castelanizadas e as posibilidades de restituílas ao galego. Para pechar, a profesora da USC Ana Boullón, veu ao centro para dar unha charla con información de interese sobre a orixe e significado dos nosos apelidos. Como amablemente nola cedeu, deixámola aquí para que cadaquén poida vela. Se a queres ver en pdf. cómpre facer clic na imaxe para que se abra. Tamén podes vela en formato vídeo.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.