Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Visita ao IES do alumnado de 6º de E.P.

Nos pasados días tivemos no noso instituto a visita dos alumnos e alumnas dos colexios de Rianxo que no visita alumnado colesvindeiro curso estarán aquí cursando 1º de ESO.

Na recepción ademais de compoñentes da dirección encargados de darlles a benvida, estiveron presentes ex-alumnos e alumnas dos colexios que na actualidade están a piques de rematar o seu primeiro curso de ESO e que o ano pasado estaban nos colexios do concello.

Durante este pequeno acto, o alumnado de 6º de primaria escoitou moi atento as vivencias daqueles que o curso pasado estaban no seu lugar así como tamén coñeceron as actividades que se fan no centro, os espazos para as diferentes materias, a cafetería e -como non- a nosa emisora de radio e o local do equipo de normalización lingüística. A orientadora do centro Martina Martínez, faloulles do programa de estudos, horarios, materias e do programa TEI…

Agardamos e contamos con eles e con elas o vindeiro curso para seguir adiante cos proxectos deste noso e, proximamente, voso instituto.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.