Por Laura Fandiño Doval e Iria Victoria Vidal Figueira.
O mércores pasado, día 7 de xuño, recibimos no IES o alumnado do Colexio español en Londres, o Cañada Blanch. Neste centro o alumnado pode cursar a materia de lingua galega e foi o alumnado de secundaria que estuda a nosa lingua o que se achegou ao noso centro para pasar unha xornada de convivencia connosco dentro dos catro días que pasaban en Galicia.
Foi toda unha honra para o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega contactarmos con estes rapaces e rapazas. Recibímolos no IES con todos os honores ás 10,30 da mañá (os nosos compañeiros interpretaron a Rianxeira e algunhas pezas musicais máis). Logo fixemos unha mini-xincana por grupos por todo o instituto para poder ensinarlle o centro. Fomos visitando diversos lugares do IES (os que nos pareceron máis interesantes para mostrarlles); por exemplo, a biblioteca ou o local de Normalización Lingüística. En cada parada, sacabamonos unha foto con eles e explicabámoslles un pouco as funcións do lugar. O punto de encontro foi a cafetería, onde paramos a comer e a beber. Despois disto, saímos do instituto cara o Campo.
Cando estabamos nesta visita, chegou un fotógrafo e mais un xornalista de La Voz de Galicia e fixeron unha reportaxe. Por iso vos deixamos o enlace á noticia neste xornal porque hai un lote de fotografías moi boas sobre algúns dos grupos nas dependencias do IES e logo tamén no Campo onde realizamos os xogos populares, coma a petanca ou os zancos. Ó parecer, o que máis gustou foi o xogo de saltar á corda. Así, puidemos coñecer mellor ós alumnos e alumnas do Cañada Blanch.
Despois de marcharen os xornalistas aínda fomos ensinarlles o Museo do mar, algúns deron unha pequena volta pola vila (Rúa de Abaixo, Praza da Igrexa e Ribeira). Logo collemos un bus ata Cabo de Cruz e fixemos unha marabillosa visita pola ría nun barco (onde tamén aproveitamos para comer e falar tranquilamente cos londinenses). O tempo soleado e o mar calmo permitíronnos disfrutar desta viaxe.
Por último, fomos ata a praia Tanxil para poder descansar baixo o sol (xa que en verdade facía bastante calor), xogar na area ou sinxelamente darnos un merecido e refrescante baño na auga fría. Quedamos realmente moi contentos e contentas e esperamos poder seguir mantendo o contacto; iso gustaríanos moito, xa que fixemos boas amistades entre os visitantes. Polo de pronto xa temos apalabrada unha videoconferencia para o inicio do vindeiro curso e esperamos poder cu

Visita ao Museo do Mar

Na proa en alta mar
mprila!

Xogos no areal
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]