Imaxe de cabeceira
Deportes
Triunfo dos nosos deportistas no Campionato de España

 

Durante este anoDSC00674, deportistas estudantes no Félix Muriel, acadaron grandes marcas neste eido. Facemos mención a Arancha Rodríguez do club de piragüismo de Boiro que participou de forma exitosa no Campionato de España e Fátima Ordoñez Muñiz  Campiona de España Piragüismo 500 m categoría xuvenil.

Ademais, no  Campionato de España de Voleibol de Seleccións Autonómicas celebrado este ano en Valladolid, a selección Galega cadete masculina alcanzou a medalla de bronce. O deportista Rianxeiro  e alumno do IES  Juan Ordóñez Galbán, representou a Galicia nesta competición.

Non foi a primeira vez que este deportista consegue un importante  logro  deportivo. A temporada pasada,  alcanzou o ouro no campionato Galego como membro do Club Gealsa Boiro Voleibol. A pesar de todos os logros conseguidos co seu equipo actual, a súa carreira deportiva comezou no equipo local O Mexilón de Ouro de Rianxo, na que deu os seus primeiros pasos neste deporte con 8 anos de idade.

 O noso alumnado tamén triunfou no mes de abril no Campionato Galego de Bateis 2017 Na categoría alevín masculina quedou en primeiro lugar o Club de Remo de Rianxo. A tripulación estaba formada por: Froilán, como patrón, e como remeiros Roi, Xavi, Nazario e Lucas.

Na categoría infantil masculino Rianxo quedou en  terceiro lugar. A embarcación estaba formada por Fran como patrón, e os remeiros Jorge, Julián, Kevin e Xián, alumnos todos eles do Instituto Félix Muriel.

Na categoría Xuvenil acadaron os rianxeiros o segundo lugar. A tripulación estaba formada por alumnos deste instituto: Roi, Dani, Julián, David e Cristian.

Tanto o equipo infantil coma o xuvenil quedaron clasificados para o Campionato de España.

 

Fátima Ordoñez

Fátima Ordoñez

Fátima Ordoñez durante a competición

Fátima Ordoñez durante a competición

DSC00660




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.