Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Recomendacións de lectura
Preséntase “Bótame deste mar fóra” de Ricardo Losada

O IES Félix Muriel é marco da novela do escritor rianxeiro e profesor de filosofía do centro.

Por Ricardo Losada

botamemarforaO sábado 17 de xuño preséntase no auditorio de Rianxo ás 19:30 horas a primeira novela da historia da literatura universal cuxo protagonista é un profesor do IES Félix Muriel de Rianxo. Chámase Alberte Hevia, é catedrático de Lingua Castelá e imparte como materia afín Filosofía. Vén a Rianxo escapando por inconfesables razóns da Coruña, e non tarda en namorar de Helena, unha rianxeira de fortes raíces mariñeiras. O autor da novela, X. Ricardo Losada, profesor de Filosofía deste mesmo instituto, escribiu a novela para contestar esta pregunta: pode ser boa a educación que se imparte nun instituto cuxo equipo directivo está planificando o curso mentres nas rúas históricas da vila se celebra o feirón mariñeiro? Como poden educar as novas xeracións de rianxeiros uns tipos que nunca foron membros dunha ghuadalupeña? O profesor Losada promete contestar esas preguntas o día da presentación, polo que considera moi conveniente que toda a comunidade educativa do IES Félix Muriel acuda a ese acto.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.