Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Lendas e mitos: a bruxa e a feiticeira

Por Iria Vidal F.

             As lendas e os mitos sempre son uns temas dignos de investigar. Se falamos das lendas de terror, un dos  personaxes que nos vén á cabeza é a típica muller de nariz enorme adornado cunha gran verruga: a bruxa, unha persoa capaz de facer todo tipo de feitizos malignos.  Pero, non oímos tamén falar da “feiticeira”? Polo xeral, esta palabra é utilizada coma sinónimo de bruxa.  Isto, realmente, non é correcto! Se investigamos un pouco, darémonos conta das moitas diferenzas entre  ambas figuras mitolóxicas. Agora, cales son estas diferenzas?

Bruxa

           É conveniente saber primeiro que é cada unha das dúas; unha bruxa, unha entidade que pode manipular ó  seu gusto a realidade, en contra das leis da natureza. Esta definición tamén é aplicábel a unha feiticeira. O  que verdadeiramente as diferenza é a orixe dos seus poderes: a bruxa fai un pacto co Diaño para obter  estas habilidades e facer o mal, mentres que a feiticeira adquire os seus poderes mediante adestramento e  coñecementos, lendo antigos libros de feiticería.

         A bruxería está estreitamente ligada coa relixión; sempre existirá un Deus maligno (o Diaño) que lles  outorgue poderes ás usuarias. Pola contra, a feiticería baséase máis ben na forza interior e na confianza  nun mesmo, aproveitando a esencia vital para manifestar poderes sobrenaturais; independentemente das  crenzas relixiosas. É dicir, que una bruxa sempre lle gardará culto ó Inferno; unha feiticeira, non.

           Poderíase simplificar todo isto como que “as bruxas son malas” e “as feiticeiraThe Witching Hours son boas”; basicamente  (inda que a feiticeira pode ser máis neutral). As bruxas soen ser identificadas coma mulleres que fan  enfermar á xente, secuestran nenos e voan en vasoiras. As outras usuarias da maxia serían as feiticeiras,  máis ben definidas coma curandeiras na antigüidade.

          Cabe destacar que, na actualidade, varias cousas tanto da bruxería coma da feiticería tomáronse xunto con  tradicións pagás para formar novas relixións, coma a Wicca. Esta relixión moderna aseméllase á maxia  verde (ou da natureza), onde os seus membros gardan relación cos antigos feiticeiros. Claro que hai  quen se declaran seguidores da bruxería, ainda que non sexa considerada unha relixión; senón que máis  ben é unha práctica ritual.

             E ti, que opinas sobre estas dúas figuras? Oíches algunha vez falar de todas estas cousas? Oíches falar da meiga, por exemplo; outra figura galega relacionada coas bruxas? Tendes o verán por diante para informarvos ao respecto.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.