Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Intercambio co alumnado de Bande en Rianxo

IMG_20170602_134516IMG_20170602_154941IMG_20170602_124834IMG_20170602_172318IMG_20170602_125002

Visita á casa de Manuel Antonio

Visita á casa de Manuel Antonio

Bande1 Bande2 Bande3 Bande4 Bande5 Bande6

Por Gabriel Figueira e Laureano Figueira

O pasado  venres 2 de xuño de 2017,  chegaron ás 11 da mañá un grupo de alumnos e alumnas, xa coñecidos e amigos nosos do “IES Aquis Querquernis de Bande”, aos cales recibimos coa rianxeira interpretada polo alumnado do equipo que toca na banda coa colaboración de Ramón Veiga. Despois, fixémoslles unha breve presentación sobre o equipo, coa que lles explicabamos aos nosos convidados que se fai nel, e para que serve. A todo o alumnado lle entregamos, a modo de programa, un folleto informativo coas actividades que iamos facer ese día, e nel atopábanse  anaquiños de obras de escritores rianxeiros e un pequeno xogo de pistas para utilizalo no percorrido que iamos facer pola vila.

Sobre as once e media  saímos desde o noso centro cara á “praia da Torre”, lugar no que  practicamos diversos xogos populares e típicos de Galiza, entre eles xogos como a petanca, andar nos zancos ou saltos á corda.

Cando rematamos fomos ao centro da vila. Para coñecela mellor e apreciar a importancia dos persoeiros de Rianxo fixemos o xogo de pistas e lemos os fragmentos literarios dos que falamos antes .

Ao cabo dun rato xa deran as 2 e tiñamos que ir comer e dirixímonos á “praia de Tanxil”. En Tanxil comemos, xogamos na area e bañámonos. Marchamos da praia ás 4:30 e volemos cara á vila, nela ensinámoslles o museo do Mar e a casa de Manuel Antonio.

Sobre as 5.30 despedímolos na parada do centro de Rianxo. Aos nosos compañeiros e compañeiras aínda lles quedaba moito camiño ata Bande

A nós gustounos moito esta saída porque coñecemos a nova xente. O que máis nos gustou foron os xogos populares e sobre todo ir bañarnos xuntos  á praia.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.