Fátima Ordóñez e Laura Conde, alumnas que estudaron 2º de Bacharelato este ano no IES Félix Muriel , estiveron todo o curso traballando na campaña “Normalizando desde a antroponimia” que se desenvolveu dentro do Proxecto do Equipo de normalización de dinamización da lingua galega, titulado “Aspiramos a ser simplemente un paraíso lingüístico”.
A investigación realizada sobre os apelidos de Rianxo presentárona ao I Premio de investigación lingüística e etnográfica sobre lingua e culturas galegas Marcosende e GAÑARON! Onte, 21 de xuño, procedeuse á entrega de premios na Reitoría da Universidade de Vigo a onde acudiu Fátima para recibir da man de Henrique Costas, promotor do Premio, un diploma e mais unha tableta que correspondía ao 1º premio. Parabéns!
Na web da Universidade de Vigo dáse conta da noticia.
Todo o traballo feito dentro desta campaña podedes velo na web RianxoFala, sección Antroponimia.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]