Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Carlos Casares
1º Premio STARgal Avanzado para o noso IES

18489832_654247008114540_3977633774812680787_o (1) 18527084_654246824781225_617558676726156685_o 18527498_654246834781224_2842023861591835397_o (1) 18556879_654247281447846_5277187889385308274_o 18451469_654246838114557_3838411866693534771_oUn grupo de alumnos do noso I.E.S foi gañador do 1ºpremio STARgal Avanzado que organizaba o IES A Cachada co gallo das Letras Galegas e co que gañaron un robot Scornabot.

Por segundo ano consecutivo, o IESP A Cachada de Boiro organizou unha competición de videoxogos online co gallo das Letras Galegas. Durante a mañá do martes 16 de maio penduraron na páxina STARgal os catro videoxogos que por categoría ían ser obxecto de concurso.  Tratábase de un Pasapalabra, outro sobre a vida e obra de Carlos Casares, e dous foron probas de habilidade.

 Este ano temos premios para dúas categorías:
  • STARgal Base, para centros de Primaria ata 1º ESO (incluído)
  • STARgal Avanzado, para alumnado de

Participou na actividade alumnado de 1º e 3º da ESO, estes últimos n a categoría de STARgal Avanzado (que incluía alumnado de 2º, 3º e 4º ESO) e acadaron o primeiro premio. Os participantes foron:

  • Adrián Chaves Gómez
  • Diego Mirón Vicente
  • Miguel Otero González
  • Abel Rodríguez

Hai que recoñecerlles o mérito a este alumnado porque se interesaron eles na proposta que a profesora de matemáticas, Susana Hermo, lle fixo. Procuraron a información sobre  Carlos Casares e estiveron preparándose para poder participar e conseguir gañar. E así o fixeron.

Tamén participaron alumnos de 1º da ESO  na categoria de STARgal Base:

  • Rubén Martínez Lorenzo
  • Cesar Miguéns Lamela
  • Roi Ordoñez Gómez
  • André Peleteiro Ces
  • Bruno Puceiro Romero
  • Manuel Otero

Manuel Quintáns tamén se apuntara pero non todos os ordenadores tiñan instalado o Java, necesario para o funcionamento dos xogos,  e non tivo máis remedio que quedar de espectador.

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.