Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Carlos Casares
Hakan Casares fálanos de seu pai: Carlos Casares.

Por Gabriel Figueira Núñez

H.Casares“Meu pai, nunca me obrigou a ler ningún libro, pero si me animou a que lese de todo”

O pasado luns día 22 de maio, veu Hakan Casares ao noso centro que, como xa saberedes, é o fillo de Carlos Casares, a persoa á cal se lle adican as Letras Galegas 2017.

El falou para o alumnado de 3º ESO sobre a vida do pai, de como coñeceu a súa muller, de que quería ser bispo e de que cambiara de idea cando un dos seus profesores lle dixo que escribira moi ben unha redacción que lle mandara facer, e que quería que lla lese a toda a súa clase.

“E o profesor dixo: hai unha que está especialmente ben, e esa, era a do meu pai” contounos Hakan Casares describindo os inicios do pai como escritor.

Como xa dixen antes, explicounos como seu pai coñecera a muller coa que casara. Ela viña de viaxe e coincidiron nun tren que os levaba á Coruña. Cristina Berg  viña dende Euskadi coller un barco para continuar facendo unha volta ao mundo (esta era unha parada que tiña) e Carlos díxolle en inglés que como pasaba por Galicia sen probar nada típico daquí, polo que a convidou e ela aceptou a proposta de Casares coa condición de que el a levara á Coruña: “E ela aceptou, e probou o pulpo e os pementos de Padrón”.

“E falaron en inglés porque, claro, daquela miña nai nin español, nin galego”

Pero cando el a levou á Coruña, o  barco xa non estaba: “Ou marchara ou desparecera, o tema é que aquel día non apareceu”

“E despois de 6 semanas de coñecerse casaron, foi un frechazo!”

Resultounos unha charla moi interesante.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.