Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Carlos Casares
Carlos Casares: Literatura infantil

 Carlos Casares publica nove libros de literatura infantil que che presentamos a continuación seguindo a cronoloxía de publicación

A GALIÑA AZUL

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. (A galiña azulVigo, Galaxia, 1969 [8ª ed., 2002])

___________________________________________________________________________

AS LARANXAS MÁIS

Polo escenario de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas pasan personaxes ben particulares: unha muller que todo o sabe, un gordo obsesionado coa tortilla, un home con escopeta, un ovo xigante que fala… provocando todo tipo de equívocos e de situación imposibles. O texto gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973 e editouse con ilustracións orixinais de Luís Seoane que enriquecen o seu universo cómico. (As laranxas máis laranxas de tódalas laranxasVigo, Galaxia, 1973 [4ª ed., 1993])

___________________________________________________________________________

O CAN RIN

Rin é un can vello e forte que sabe falar (e rezar) en varios idiomas e se relaciona cos persoeiros máis importantes da provincia. Xeneroso e ben disposto, dunha vez vese na obriga de ir buscar ao médico para atender á doente Palmira de Ignacio. Camiño da casa da enferma aparece o malvado lobo Crispín, ao que Rin fará fronte con afouteza. (O can Rin e o lobo CrispínVigo, Galaxia, 1983 [3ª ed., 1991])

___________________________________________________________________________

ESTE É TORIBIO

TORIBIO CONTRA O PROF

TORIBIO E O CONTADOR DE CONTOS TORIBIO REVOLUCIONA TORIBIO TEN UNHA IDEA

Adiantándose ao fenómeno das sagas literarias infantís, Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do autor: a fascinación pola tecnoloxía. (Este é ToribioVigo, Galaxia, 1991.  -  Toribio contra o profesor SmithGalaxia, Vigo, 1991.  -  Toribio e o contador de contosVigo, Galaxia, 1991.  -  Toribio ten unha ideaVigo, Galaxia, 1992.  -  Toribio revoluciona o tráficoVigo, Galaxia, 1994.)

___________________________________________________________________________

LOLO ANDA EN BICI

Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, un ciclista nefasto. Faino ás agachadas, no garaxe, con tanta insistencia e en tan pouco espazo que acaba por converterse nun fenómeno. (Lolo anda en bicicletaVigo, Galaxia, 1996.)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.