Imaxe de cabeceira
Sabías que... / Ferramentas
Aplicacións portables: AUDACITY

AUDACITY

A maioría das veces, cando queremos usar unha aplicación, temos que instalala. Este proceso dura algúns minutos e crea un directorio no disco duro do computador onde estará toda a información relacionada co programa que se necesita para usalo. As aplicacións portables non necesitan ser instaladas, podes simplemente executalas e comezar a usalas de inmediato. O único que tes que facer é descargar o arquivo e gardalo nalgún lugar.

As aplicacións portables adoitan vir dentro dun arquivo comprimido, o cal contén todo o necesario para que funcione. Unha vez que se extraian todos os arquivos (cousa que podes facer desde un dispositivo portátil), estará lista para ser usada. Estes arquivos serán o equivalente ao directorio que se crea no ordenador cando se instala calquera programa, pero coa diferenza de que unha vez que deixas de usar a aplicación, pódela pechar e non deixarás rastro dela nese computador.

Vantaxes das aplicacións portables

Pódense mover de ordenador en ordenador fácilmente. Só é necesario copiar o cartafol con todos os arquivos da aplicación dentro dun pendrive e será suficiente para usalo en calquera PC. Cando compres un ordenador novo podes copiar todos as aplicacións portables no canto de instalalas. Isto aforrarache moito tempo descargando, instalando e configurando todo o que uses.

Desvantaxes das aplicacións portables

Non todos os programas están dispoñibles nunha versión portable.
Algunhas veces as aplicacións portables non teñen todas as características que teñen as versións normais.
Algúns programas portables deixan rastros no cartafol de arquivos temporais.
AQUI DEIXAMOS ESTA APLICACIÓN PARA QUE A DESCARGUES. XA LEVA A INTERFAZ EN GALEGO   AudacityPortable




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.