Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio
Radio Rianxo Félix Muriel

Comezamos a edición de 2017 de Radio Rianxo – Se aínda non tivestes a oportunidade de escoitarnos.,  deixámosvos aquí o enlace ao Programa 1.  Temos emitidos 3, que grIMG-20170408-WA0000avamos para que poidades escoitar na páxina RianxoFala e tamén desde aquí. Un grupo de redactores e redactoras: David Galbán, María Domínguez, Andrea Refoxo, Lía Ordóñez  fixeron posible a arrancada deste temporada. Temporada que non sería posible sen a colaboración de Aida Barros que estivo na dirección e axudou na locución e mais de Brais Rodríguez na parte técnica.

Tamén se estrearon na locución tres alumnos de 1º ESO  que estiveron aprendendo dos maiores nos dous primeiros programas, gravando xa eles o terceiro. Non deixedes de escoitalos todos en RianxoFala 

RR-1

Neste primeiro déronse noticias do IES e dos arredores, fíxoselle unha entrevista a Mónica Iglesias, coorganizadora de moitas saídas do centro, e púxose a música de Biribirloke.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.