Premio dos clubs de lectura 2017
Premio dos clubs de lectura 2017 para Miguel Anxo Prado.
Co gallo do Día Mundial do Libro, recoñécese ao debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado co Premio dos Clubs de Lectura pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Miguelanxo Prado foi un dos autores máis lidos polos clubs de lectura no curso 2015/2016.
O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura en Compostela.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]