Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Gañadoras do concurso de marcadores de páxinas

IMG-20170404-WA0010 IMG-20170404-WA0011Xa temos gañadoras do concurso de marcapáxinas!

Noraboa  a Esther González Mariño (2º BAC B) e a Aroa Sóñora Regenjo (3º F) que pesentaron ambas uns fermosos marcapáxinas ao concurso que convocamos dende o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca para celebrar o Día do Libro. Cada unha venceu nunha das categorías que establecía o concurso.

O lema deste ano foi “Para lermos e falarmos”. Ti tamén les e falas do que les? Recomendas as túas lecturas? Cóntaslles ás amizades e ás familias o que che suxire a literatura, as emocións que che xeneran, a psicoloxía dos personaxes que coñeces nos libros ou a fascinación que che suscitan as paisaxes ou as épocas nas que te sumerxes?

Esa é a idea, ler e falar, e secadra escribir.

Non quixéramos nós ser as que interpretemos por vós os deseños das participantes, pero adiantamos que o moucho do Félix Muriel está presente, xunto cos territorios máxicos de sagas literarias, as emocións e fantasías que saen das páxinas impresas, os libros de contos favoritos de moitos e moitas de vós (alegrámonos que os Bolechas estén entre eles), tamén temos cebras, personaxes fantásticos e unha misteriosa xeometría que nos invita a darlle significado.

Moitas grazas a todas as que participastes. Contamos sempre co alumnado para levar adiante as actividades e sen a vosa colaboración nunca terían sentido.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.