Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Galiza, célula de universalidade

Por Luis Cernadas (2º Bac.)

en-galegoRecentemente chegou ós meus oídos que no Museo Nacional de Taiwán se ofrecen visitas en galego sobre A Arquitectura e Historia do Museo Nacional de Taiwán, que cubrirá os máis de cen anos de historia do museo dende a súa creación, en 1908. Así mesmo, a pinacoteca dá opción a circuítos en coreano, vietnamita, indonesio e cantonés.

Se ben é certo que os tours só son 30 minutos, e que só se ofrecen as fins de semana e durante abril e maio deste ano, xa é digno de recoñecer. O feito de que a nosa lingua non só traspase fronteiras, senón que navegue por mares, deixa claro que a nosa, é unha lingua universal, cuxo uso non está restrinxido a ningún ámbito.

Isto deume a curiosidade de saber cal é a situación do galego máis alá de Galicia, se é que ten algunha presencia ou pasa completamente desapercibido. A información que recadei foi a seguinte:

Primeiro, o uso do galego esténdese claramente máis alá das fronteiras administrativas de Galicia. Chámaselle galego estremeiro ao galego falado historicamente en territorios da antiga Gallaecia, que hoxe pertencen ás provincias de Asturias, de León e de Zamora; onde representa a lingua autóctona dunhas 80.000 persoas. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) organiza e colabora periodicamente na realización de cursos e outras actividades de formación co obxecto de dar a coñecer a lingua e a cultura galegas fóra de Galicia: Madrid, Barcelona, A Habana,…

Segundo, a posibilidade de estudar a lingua a cultura de Galiza en Universidades de América e Europa é unha realidade consolidada en trinta e cinco institucións superiores de catorce países diferentes. A eles hai que sumar outra vintena de centros de Primaria e Secundaria de fóra da comunidade que inclúen no seu currículo a materia de galego, ou que imparten outras materias nesta lingua. En total, aproximadamente uns 3.000 alumnos de máis alá do Bierzo estudan galego este curso, segundo os datos facilitados pola SXPL.

En definitiva, despois de case cen anos, o lema de “Galiza, célula de Universalidade” que tiñan os fundadores das Irmandades da fala, alá polo 1918, pode que non sexa do todo utópico.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.