Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Charla con Héctor Cajaraville

IMG_20170406_132833Onte, día 7 de abril,  Héctor Cajaraville achegouse ata o Ies Félix Muriel para falarlle  ao alumnado  de segundo de bacharelato sobre o seu  percorrido como escritor. Estivo falando principalmente sobre o seu primeiro libro De remate o cal lle serviu como punto de partida para orientarse no mundo da escritura. Esta obra foi, lida en 2º de Bacharelato  no segundo trimestre, conta a historia dun xornalista a través da combinación de diferentes tipos de textos: artigos, o seu diario persoal…

IMG_20170406_133000
IMG_20170406_132618_2

A charla foi amena, distribuíndose en dúas partes, unha primeira na que o autor fixo unha presentación xeral sobre el como escritor. Na segunda, fixémoslles moitas preguntas que foron desde pedir explicacións sobre algunha cuestións relativa ao libro De remate, ata cuestións máis particulares sobre o seu proceso da escrita.

Cajaraville hai tres anos que gañou o Premio Xerais coa devandita obra, a primeira, e dende aquela ata hoxe publicou cinco obras máis. A segunda obra publicada foi Quen dá a quenda que quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil. No mesmo ano,publicou A caixiña dos rencores e recibiu o premio Raíña Lupa de Novela Infantil e Xuvenil da Deputación. Co título  Once Portas  gañou o premio Ánxel Fole de Narración curta do concello  de Lugo. Finalmente tamén obtivo o galardón  Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.