Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Concurso de marcadores

Captura de pantalla de 2015-05-19 16:23:57

1.- O EDLG e a Biblioteca convocan un concurso para elaborar un marcador para o “Día do libro”

 2.- Os debuxos serán orixinais e inéditos e o lema que se propón é:

Para lermos e falarmos”.

Todo o alumnado participante vai ter que pensar nun deseño para esta idea. Poderán escoller este lema ou outro que recolla este concepto.

 3.- Os orixinais deberán estar feitos a cor e nun formato aproximado de 6 por 18 cm.

 4.- Establécense dúas categorías:

     A. de 1º a 3º ESO.

     B. de 4º ESO ata 2º Bac.

  5.- O xurado estará composto por dous alumnos colaboradores de EDLG e da biblioteca, así como membros do profesorado.

6.- O premio (un por categoría) consistirá nun vale de 5 euros para a cafetaría, así como a impresión dos marcadores gañadores.

 7.- As ilustracións poderanse facer chegar á biblioteca en persoa ou por correo electrónico ás seguintes direccións:       bibliofelixmuriel@gmail.com

enl.felixmuriel@gmail.com

en calquera caso deberá indicar:

  • Categoría na que participa. (CURSO e GRUPO)

  • Nome e apelidos.

 8.- O prazo de admisión dos debuxos finalizará o venres 31 de marzo.

 9.- O fallo do xurado darase a coñecer o 5 de abril.

 10.- Todas as ilustracións presentadas participarán nunha exposición colectiva. Os traballos premiados serán impresos e a súa difusión será sen ánimo de lucro.

11.- A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. Calquera imprevisto que non estea recollido na presente convocatoria será interpretado e resolto polo xurado.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.