Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Xornadas “Holocausto e Memoria Histórica”

1ª Xornadas sobre o Holocausto e a Memoria HistóricaVeñen de clausurarse as Xornadas “Holocausto e Memoria Histórica” celebradas no IES Felix Muriel  do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.

O obxectivo era honrar as vítimas do Holocausto así como calquera tipo de eliminación de pobos, e que o alumnado tome conciencia desta situación de odio contra os “diferentes”, sobre o sufrimento humano tanto no pasado como na actualidade, e construír un futuro onde poidamos vivir con dignidade pero sen esquecer o pasado.

A continuación déixase o programa, que se enlaza con sucesivos artigos que imos publicar con información e documentación das charlas

PROGRAMA

Luns 30          >    Película “O Pianista” de Roman Polanski

  • Martes 31      >    Bernardo Máiz Vázquez: Resistencia Gerrilla Represión                                  no 36
  • Mércores 1    >    Xosé Luís Axeitos Agrelo: As Misións Pedagóxicas
  • Xoves 2           >    Xosé Ramón Brea Rei: O bou Eva: os irmáns Insua
  • Venres 3         >    Montse Fajardo Pérez: A represión sobre as mulleres                                       tras o Golpe de Estado do 36
  • Exposicións: “A illa de Memoria” e “Holocausto”

A semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro celebramos no IES Félix Muriel de Rianxo as 1ª Xornadas sobre o Holocausto e a Memoria Histórica.
O Primeiro día visionamos a película O Pianista de Roman Polanski, onde poidemos observar o comportamento dos alemáns en 1939 cando invaden Polonia, contra os Polacos e en particular cos xudeus no gueto de Varsovia, todo elo a través do pianista Wladyslaw Szpilman da Radio Polaca.
O seguintes días contamos ca presenza do historiador Bernardo Máiz, que nos dou unha visión da España do 36 a través da súa conferencia, Resistencia, guerrilla e represión no 36, centrándose na zona de Rianxo.
O profesor Xosé Ramón Brea Rei, centrou a súa exposición sobre os curmáns de Castelao, os irmáns Insua, así como os acontecementos ocorridos en Vigo o 23 de abril do 1937 no bou Eva.
E o último día Montse Fajardo, dounos unha visión da represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36, co relato de varias delas que sufriron represión na zona de Arousa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.