Semana de Rosalía no IES
Desde o pasado luns 20 de febreiro ata o vindeiro venres 24 vanse suceder unha serie de actividades no noso IES como homenaxe a Rosalía
A primeira chamámoslle “Consumiciós con versos”. Coa colaboración da cafetaría estanse a distribuír un lote de poemas da autora con cada consumición que se pida. A selección, feita polo poeta Carlos Negro, foi impresa en pequenas cartolinas que se entregan tanto cos cafés como cos bocadillos ou calquera outra consumición. Tamén se está mostrando a seguinte presentación desde onte na televisión da cafetaría.
Tamén temos lecturas e recitados no recreo ao lado do muro da entrada onde o alumnado de plástica de 2º Bac. pintou a cara de Rosalía.
Día Rosalia-2017-descargar presentación
2- Lecturas
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]