Imaxe de cabeceira
Varia
IES de Brión: 3º premio no concurso WISIBILÍZALAS

iesbrion

Por David Galbán (2º Bac.A)

Estes últimos días, a loita pola reivindicación do papel da muller na ciencia fíxose visible no IES de Brión, que chegou a ser finalista no concurso “Wisibilízalas”, organizado pola Universitat Pompeu Fabra, de Barcelona. O proxecto presentado buscaba dotar de maior visibilidade ás mulleres que traballan nos ámbitos tecnolóxicos.
Para isto, os alumnos e alumnas desenvolveron unha serie de páxinas web que amosaban os perfís actuais de certas mulleres españolas que traballan no ámbito das TIC.

Unha alumna do mesmo IES manifesta a necesidade deste tipo de actividades: “na aula de tecnoloxía, a proporción de homes e mulleres é de nove contra unha, polo que este proxecto resulta interesante á hora de potenciar a aparición feminina nestes campos”. Ademais, o número de alumnas nas universidades na rama tecnolóxica segue sen aumentar.

O interese dos alumnos manifestouse dende o primeiro momento: dotaron ao proxecto dunha gran dedicación, informándose dende o primeiro momento, e foi esta paixón a que levou tan lonxe o traballo de todos eles. Alén disto, os alumnos e alumnas gañaron coñecementos tanto en programación de datos coma en deseño de páxinas, así como a desenvolver o contido destas dunha forma sinxela e que á vez transmitise a mensaxe que eles buscaban.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.